11 tema nesta sección
  • Podo devolver un produto?

    A maioría de produtos comprados en Hipercor pódense devolver, sempre e cando conserven a embalaxe orixinal e estean en perfectas condicións. Incluídos os accesorios, documentación e embalaxe orixinal, no caso contrario, o ben sufrirá unha depreciación. Hai algunhas excepcións e prazos determinados para poder efectuar a devolución.

    Recorda que, para o cambio dun produto, é necesario entregar o tícket de compra. Se compraches o teu produto a través da nosa web, o tícket de compra será o correo que recibiches onde se informa no asunto que o pedido foi entregado (documento de venda).

    Conforme ás excepcións ao Dereito de Desistencia reguladas no RDL 1/2007, non se admitirá a devolución daqueles produtos configurados á medida (personalizados).

    Só serás responsable da diminución de valor dos bens que resulte dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.


    Isto aplicarase tamén a artigos como teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores, etc., aparatos nos que te rexistraras ou activaras as prestacións de seguridade, xeolocalización ou padróns, pois a inicialización destes dispositivos require o rexistro previo e voluntario dos teus datos persoais, os cales quedan almacenados na memoria do terminal.

    Unha vez recibida a mercadoría nos nosos almacéns, e tras comprobar o seu estado, procederase ao reintegro do seu importe e gastos de envío, conforme á modalidade de pagamento realizada polo cliente, agás o pagamento en efectivo, que se reintegrará mediante transferencia bancaria e, en todo caso, nun prazo non superior a 14 días naturais dende a recepción da mercadoría devolta. O custo directo da devolución do ben ou servizo será asumido polo cliente segundo se recolle na LGCU.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo cambiar un produto?

    A maioría de produtos comprados en Hipercor pódense cambiar, sempre e cando conserven a embalaxe orixinal e estean en perfectas condicións. Hai algunhas excepcións e prazos determinados para poder efectuar a devolución.

    Recorda que, para o cambio dun produto, é necesario entregar o tícket de compra. Se compraches o teu produto a través da nosa web, o tícket de compra será o correo que recibiches onde se informa no asunto que o pedido foi entregado (documento de venda).

    Conforme ás excepcións ao Dereito de Desistencia reguladas no RDL 1/2007, non se admitirá a devolución daqueles produtos configurados á medida (personalizados).

    Só serás responsable da diminución de valor dos bens que resulte dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.


    Isto aplicarase tamén a artigos como teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores, etc., aparatos nos que te rexistraras ou activaras as prestacións de seguridade, xeolocalización ou padróns, pois a inicialización destes dispositivos require o rexistro previo e voluntario dos teus datos persoais, os cales quedan almacenados na memoria do terminal.

    Unha vez recibida a mercadoría nos nosos almacéns, e tras comprobar o seu estado, procederase ao reintegro do seu importe e gastos de envío, conforme á modalidade de pagamento realizada polo cliente, agás o pagamento en efectivo, que se reintegrará mediante transferencia bancaria e, en todo caso, nun prazo non superior a 14 días naturais dende a recepción da mercadoría devolta. O custo directo da devolución do ben ou servizo será asumido polo cliente segundo se recolle na LGCU.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Cales son os prazos de devolución ou cambio dun produto?

    Os prazos de devolución que a continuación se detallan empezarán a contar dende a entrega do pedido:

    • 60 días naturais: produtos de moda e roupa deportiva, accesorios, calzado, enxoval.
    • 30 días naturais: mobles e téxtiles do fogar.
    • 15 días naturais: material deportivo, xoguetes, iluminación, mascotas e todos aqueles con compoñentes eléctricos ou mecánicos
       

    O produto debe estar sen utilizar e en perfectas condicións. Incluídos accesorios, documentación e embalaxe orixinal, en caso contrario, o ben sufrirá unha depreciación.  Conforme ás excepcións ao Dereito de Desistencia reguladas no RDL 1/2007, non se admitirá a devolución daqueles produtos configurados á medida (personalizados), como teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores, etc., entendendo por personalizados aqueles aparatos nos que te rexistraras voluntariamente, activaras as prestacións de seguridade, xeolocalización ou padróns, pois a inicialización destes dispositivos require o rexistro previo e voluntario dos teus datos persoais, os cales quedan almacenados na memoria do terminal.

    Só serás responsable da diminución de valor dos bens que resulte dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.

    Unha vez recibida a mercadoría nos nosos almacéns, e tras comprobar o seu estado, procederase ao reintegro do seu importe e gastos de envío, conforme á modalidade de pagamento realizada polo cliente, agás o pagamento en efectivo, que se reintegrará mediante transferencia bancaria e, en todo caso, nun prazo non superior a 14 días naturais dende a recepción da mercadoría devolta. O custo directo da devolución do ben ou servizo será asumido polo cliente segundo se recolle na LGCU.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo devolver un produto comprado a través do web nunha tenda?

    Os artigos adquiridos en hipercor.es tamén poden ser devoltos nos centros comerciais de HIPERCOR, sen custo ningún. Non se admitirán devolucións nos centros de Supercor, Sfera, Bricor, El Corte Inglés e Centro de Oportunidades, agás artigos de electrónica, informática e electrodomésticos, que poderán devolverse en calquera centro de El Corte Inglés.

    Para os electrodomésticos e os produtos de electrónica e informática, non se poderán realizar devolucións nos centros que non dispoñen desta mercadoría dentro da sala de Hipermercado Hipercor. Podes consultar os departamentos dispoñibles en cada centro comercial na nosa Guía de Centros Comerciais.

    Para realizar a devolución, o produto deberá estar en perfectas condicións, na súa embalaxe orixinal e cos manuais, accesorios ou regalos promocionais incluídos, se for o caso. Tras comprobar o estado da mercadoría, procederase ao reintegro do seu importe conforme á mesma modalidade de pagamento realizada no seu momento. Para realizar a devolución, deberase presentar o talón de venda/devolución remitido xunto ao pedido.

    Están excluídos do sistema de devolución nos Centros Comerciais, ademais das excepcións ao dereito de desistencia, os pedidos pagados con Tarxetas virtuais, os produtos voluminosos (máis de 15 kg de peso) e algúns artigos que, polas súas condicións especiais, só se poderán devolver mediante recollida en domicilio.

    O sistema de compra sométese á lexislación vixente en España. Polo tanto, as operacións de venda entenderanse realizadas no domicilio de El Corte Inglés, S.A., rúa Hermosilla 112, 28009 Madrid.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo devolver un produto a través de Correos/Celéritas?

    Podes devolver produtos a través da rede de Correos, agás os artigos vendidos por terceiros (Market place). Consulta as condicións especiais de cada artigo na pestana ENVÍO E DEVOLUCIÓNS. 

    Para realizar a devolución, chama o teléfono de Atención ao Cliente 900 373 050 onde te informarán do punto de recollida máis próximo ao teu domicilio e che pedirán un enderezo de correo electrónico.

    Posteriormente recibirás un correo electrónico coa confirmación da devolución e un enlace onde poderás descargar a etiqueta; unha vez preparado o paquete, pega no exterior a devandita etiqueta e lévao ao punto de recollida seleccionado.

    * A etiqueta ten unha validez de 14 días, transcorrido este prazo anularase e a devolución non será admitida nos Puntos.

    Só se admitirán devolucións nos Puntos de Recollida de España peninsular e Baleares.

    Están excluídos do sistema de devolución nos Puntos de Recollida, ademais das excepcións ao dereito de desistencia, os produtos voluminosos de máis de 15 kg de peso e os produtos suxeitos a condicións particulares.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Hai gastos de devolución?

    En caso de devolución de artigos, cuxa recollida se efectúe no domicilio, o custo directo da devolución do ben ou servizo será asumido polo cliente segundo se recolle na LXCU.

    Formas de devolución e custos se o produto pesa 15 quilos ou menos

     

    Lugar de orixe

    Forma de devolución

    Devolución parcial

    Devolución total

    España peninsular

    Chama o  900 373 050, se chamas dende un teléfono fixo, ou no 901 464 050 se chamas dende un teléfono móbil, ou escríbenos un correo electrónico ao enderezo clientes@hipercor.es, para que poidamos concertar o momento da recollida. Tamén poderás achegar ao devandito correo electrónico o formulario de desistencia.

    5,90 €

    7,90 €

    Formas de devolución e custos se o produto pesa máis de 15 quilos ou é supervoluminoso

    Lugar de orixe Forma de devolución Custo directo de devolución
    Recollida en España peninsular Chama o  900 373 050, se chamas dende un teléfono fixo, ou no 901 464 050 se chamas dende un teléfono móbil, ou escríbenos un correo electrónico ao enderezo clientes@hipercor.es, para que poidamos concertar o momento da recollida. Tamén poderás achegar ao devandito correo electrónico o formulario de desistencia. 30 €

    Tamén dependendo da zona xeográfica, os gastos, as condicións e os modos de envío poden variar:

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que produtos non se poden devolver?

    Case todos os produtos se poden devolver ou cambiar mentres estean sen utilizar e en perfectas condicións, incluíndo accesorios, documentación e embalaxe orixinal. Aínda que existen excepcións ao dereito de desistencia. A devolución non será aplicable a:

    • A prestación de servizos, unha vez que o servizo estea completamente executado, cando a execución comece, con consentimento previo expreso do consumidor e usuario, e co recoñecemento, pola súa banda, de que é consciente de que, unha vez que o contrato sexa completamente executado polo empresario, perdería o seu dereito de desistencia.

    • A subministración de bens ou a prestación de servizos cuxo prezo dependa de flutuacións do mercado financeiro que o empresario non poida controlar e que poidan producirse durante o período de desistencia.

    • A subministración de bens confeccionados conforme ás especificacións do consumidor e usuario ou claramente personalizados (Por exemplo: Armas, mobles, roupa á medida, roupas customizadas, tales como: camisetas deportivas con nome persoal...).

    • A subministración de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez (Por exemplo: Alimentos, flores, cestas de froita...).

    • A subministración de bens precintados que non sexan aptos para ser devoltos por razóns de protección da saúde ou de hixiene e que fora desprecintada tras a entrega (Por exemplo: Pendentes, todos os artigos de beleza, artigos de toucador, cosméticos, aseo persoal, accesorios para o cabelo, roupa interior, medias e todos aqueles produtos de uso corporal).

    • A subministración de bens que, despois da súa entrega e tendo en conta a súa natureza, se mesturaran de forma indisociable con outros bens.

    • A subministración de bebidas alcohólicas cuxo prezo fora acordado no momento de asinar o contrato de venda e que non poidan ser entregadas antes de 30 días, e cuxo valor real dependa de flutuacións do mercado que o empresario non poida controlar.

    • Os contratos nos que o consumidor e usuario solicitara especificamente ao empresario que o visite para efectuar operacións de reparación ou mantemento urxente; se nesa visita o empresario presta servizos adicionais aos solicitados especificamente polo consumidor ou subministra bens distintos das pezas de recambio utilizadas necesariamente para efectuar as operacións de mantemento ou reparación, o dereito de desistencia debe aplicarse aos devanditos servizos ou bens adicionais.

    • A subministración de gravacións sonoras ou de vídeos precintados ou de programas informáticos precintados que foran desprecintados polo consumidor e usuario despois da entrega.

    • A subministración de contido dixital que non se preste nun soporte material cando a execución comece co previo consentimento expreso do consumidor e usuario co coñecemento, pola súa banda, de que en consecuencia perde o seu dereito de desistencia.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Podo devolver un produto de Sfera nunha tenda de El Corte Inglés?

    Podes devolver un artigo da marca Sfera adquirido en El Corte Inglés e Tendas El Corte Inglés en calquera Tenda do Grupo Sfera. Se o produto foi adquirido nunha tenda de Sfera, poderás facer a devolución en calquera centro de El Corte Inglés ou Tenda El Corte Inglés onde teña presenza a citada marca

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Que documentación teño que presentar para devolver ou cambiar un produto?

    Para devolver ou cambiar un produto é necesario presentar o produto coa embalaxe orixinal e en perfectas condicións, o tícket de compra dentro do prazo estipulado e, se a compra non se realizou en efectivo, o medio de pagamento co que se fixo para poder efectuar o reembolso. O correo que recibiches tras realizar a túa compra, co asunto “Pedido en proceso de envío”, é o teu tícket de compra para todos os efectos.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • ¿Cómo realizo la devolución en tenda de un producto comprado en la web?

    Os artigos adquiridos en hipercor.es tamén poden ser devoltos nos centros comerciais de HIPERCOR, sen custo ningún. Non se admitirán devolucións nos centros de Supercor, Sfera, Bricor, El Corte Inglés e Centro de Oportunidades, agás artigos de electrónica, informática e electrodomésticos, que poderán devolverse en calquera centro de El Corte Inglés.
     
    Para os electrodomésticos e os produtos de electrónica e informática, non se poderán realizar devolucións nos centros que non dispoñen desta mercadoría dentro da sala de Hipermercado Hipercor. Podes consultar os departamentos dispoñibles en cada centro comercial na nosa Guía de Centros Comerciais.
     
    Para realizar a devolución, o produto deberá estar en perfectas condicións, na súa embalaxe orixinal e cos manuais, accesorios ou regalos promocionais incluídos, se for o caso. Tras comprobar o estado da mercadoría, procederase ao reintegro do seu importe conforme á mesma modalidade de pagamento realizada no seu momento. Para realizar a devolución, deberase presentar o talón de venda/devolución remitido xunto ao pedido.

    Están excluídos do sistema de devolución nos Centros Comerciais, ademais das excepcións ao dereito de desistencia, os pedidos pagados con Tarxetas virtuais, os produtos voluminosos (máis de 15 kg de peso) e algúns artigos que, polas súas condicións especiais, só se poderán devolver mediante recollida en domicilio.

    O sistema de compra sométese á lexislación vixente en España. Polo tanto, as operacións de venda entenderanse realizadas no domicilio de El Corte Inglés, S.A., rúa Hermosilla 112, 28009 Madrid.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!
  • Como se realiza o reembolso dun produto devolto?

    Se o produto está en perfectas condicións e conserva a embalaxe, non hai problema, aínda que hai determinadas excepcións que convén que coñezas. A forma de reembolso, dependendo da forma de devolución, pode variar:

    • Devolucións en Centros: O aboamento do importe realizarase no momento da entrega do produto, agás naqueles produtos suxeitos a “condicións particulares” (identifícanse porque aparece a devandita frase na ficha de produto, ademais de conter no encabezado do documento de venda un dos seguintes literais: “E.DIG” ou “MKTP”), cuxo reintegro se realizará unha vez revisada nos almacéns.
    • Devolucións con recollida a domicilio ou por Correos e outros puntos de recollida: O aboamento íntegro realizarase no momento en que a mercadoría sexa revisada nos almacéns. Tamén no caso de produtos vendidos por terceiros ou Marketplace (identifícanse co literal “vendido por...", seguido do nome do vendedor e porque aparecen as siglas “MKTP”), o importe aboarase do mesmo xeito tras ser revisado nos almacéns do provedor.

    Procederase a devolver o importe, nos termos establecidos no RDL 1/2007, mediante o mesmo medio de pagamento que utilizaches para realizar o pedido. Se o aboaches por contra reembolso, a devolución realizaráseche mediante transferencia bancaria. Aplicaranse os custos directos correspondentes á devolución, se é o caso. Ademais, en caso de incorrer en custos de desmontaxe ou desinstalación, estes correrán por conta do cliente.

    Foi útil?SiNon
    Sentimos que non foi útil. Como podemos axudalo?Non, grazasEnviar
    Grazas!

Temas de axuda: Devolución e cambio