Modificamos o proceso de busca de emprego en El Corte Inglés. Agora non tes que enviar o teu currículo a un enderezo de correo, senón que dende o novo portal de emprego do Grupo El Corte Inglés poderás darte de alta, cargar o teu currículo, engadir formación, experiencia etc. Deste xeito, saberás de primeira man que ofertas de traballo hai activas nestes momentos e presentarte naquelas que estean relacionadas coa túa formación, intereses e experiencia.
O portal de emprego de El Corte Inglés é o novo sitio para poder acceder a todas as oportunidades de emprego nas nosas empresas e sacar o mellor de ti. Agora segmentamos as ofertas de traballo do Grupo El Corte Inglés para que encontres dun xeito áxil e cómodo un posto adecuado á túa formación, experiencia e aptitudes.
Ofrecémosche todo tipo de opcións de personalización: cargar o teu currículo, engadir foto e carta de presentación, gardar as túas buscas de ofertas, revisar o historial de empregos solicitados, engadir a túa formación etc.
Ademais, agora podes encontrar ofertas de traballo, tanto por sector coma por situación, dunha forma moi intuitiva.