Para engadir produtos á cesta, só tes que premer sobre o botón verde 'Engadir á cesta' na ficha de calquera produto. Unha vez introducido, aparece un resumo da cesta na esquina superior dereita dende onde podes ver, eliminar ou sumar unidades dos produtos seleccionados. Este resumo desprégase cada vez que fas clic sobre o botón verde 'Cesta’. Ao rematar, preme en 'Ver/tramitar pedido' para acceder á lista de artigos incorporados previamente, as súas unidades, o seu prezo, a súa modalidade de entrega e a suma total a pagar.
Fai a túa compra seguindo cinco cómodos pasos:
Se tes problemas ao facer a compra, pode deberse á versión do teu navegador ou á súa configuración. As nosas webs son compatibles coas últimas versións dos navegadores que se actualizan automaticamente (Google Chrome e Mozilla Firefox) e coa versión 11 de Internet Explorer. Se navegas con Safari, a versión compatible é a 12.
Tamén é recomendable verificares se os problemas se producen porque o teu navegador está configurado coa opción de nivel de seguridade “Alto”. Terás que acceder á epígrafe Opcións de Internet dentro do administrador de redes, apartado de Seguridade, e colocalo no nivel “Medio”.
Se necesitas que che axudemos a encontrar a solución ou se tes algunha dúbida respecto ao funcionamento do noso sistema de compra, chámanos o 900 373 050 (se chamas dende un fixo) e o 901 464 050 (se chamas dende un móbil). Estaremos encantados de atenderte
Para solicitar a factura dalgunha das túas compras ou un duplicado, contacta connosco a través destes teléfonos:
- 900 373 050 se chamas dende un teléfono fixo
- 901 464 050 se chamas dende un móbil
Tamén podes facelo os 365 días do ano en clientes@hipercor.es
Para axilizar a emisión da factura, necesitaremos que nos facilites o n.º de pedido da túa compra.
Se non te chegou a mensaxe de confirmación ao teu correo electrónico ao facer un pedido, pode que se deba a algún problema técnico puntual. O normal é que te chegue pasados uns minutos. De calquera, xeito revisa a túa caixa de spam ou correos non desexados por se está aí.
Se tras unhas horas segues sen recibilo, ponte en contacto connosco a través do teléfono 900 373 050 ou en clientes@hipercor.es