Cando esteas a tramitar a túa compra, na parte inferior do paso de Envío, preguntarémosche se queres envolver para regalo gratis algún dos produtos, sempre que sexa posible.
Se vas enviar o teu regalo a domicilio, dámosche a opción de eliminar o prezo do talón que acompaña o pedido. Recorda que, se escolles esta opción, non poderás pagar contra reembolso.
Se che resulta máis cómodo, podes facer a túa compra telefonicamente. Elixe no noso web os produtos que desexes e chámanos o 902550057. Estamos á túa disposición.
Se tes un código promocional e queres cambialo, debes facelo no primeiro paso de compra dun produto (1. Cesta). Encontrarás o campo para introducir o código xusto debaixo do resumo da túa cesta. Introdúceo correctamente e preme “Aplicar”.
Se queres devolver un produto que che regalaron, co tícket regalo unicamente poderás cambialo por outro ou por unha tarxeta aboamento. Non existe a posibilidade de devolución de diñeiro en efectivo.
Se compraches ti o produto, podes devolvelo ou cambialo con normalidade, baixo as condicións habituais de prazo e forma.