A TAE (taxa anual equivalente ou taxa anual efectiva) é un indicador en forma de tanto por cento anual, que indica o custo dun préstamo, xa que inclúe o xuro e os gastos e comisións.
O TIN (tipo de xuro nominal) é a porcentaxe fixa que se pacta como concepto de pagamento polo diñeiro prestado. Non inclúe os gastos e comisións e non ten por que ser anual, xa que se refire ao período total do préstamo.
SEPA son siglas en inglés de zona única de pagamentos en euros (Single Euro Payment Area), iniciativa comunitaria que iguala o xeito de realizar transferencias e pagamentos en euros en 34 países que operan coa moeda euro: os 28 que forman a Unión Europea máis Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Mónaco e San Mariño. O IBAN é o código de identificación único que permite facer operacións en calquera país da zona SEPA.
O mandato ou orde de domiciliación é un documento privado entre acredor e debedor, mediante o cal o debedor autoriza e consente ao acredor a iniciar os cobramentos na conta indicada e ao debedor a cumprir as devanditas ordes. O acredor, polo tanto, debe formalizar o mandato previamente á emisión de débitos.
Como entidade financeira, estamos obrigados a dispoñer dunha copia dixitalizada de determinados documentos para poder verificar a túa identidade e a túa actividade económica ou profesional, segundo a Lei 10/2010 de prevención de branqueo de capitais, cuxo incumprimento nos obrigaría a cancelar a túa Tarxeta.
Para iso, necesitamos a túa colaboración para a obtención da documentación requirida:
Poderanos enviar a documentación por correo electrónico a documentacionfeci@elcorteingles.es, ou entregala presencialmente no Servizo de Atención ao Cliente dos nosos centros comerciais.