Libros de María Reimóndez

MARÍA REIMÓNDEZ
Unha xigante ira colectiva (Bolsillo) (Tapa blanda)
María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado foi o poemario Moda Galega (2002), ao que regresou nunha reescrita dez anos máis tarde en Moda Galega reloaded (2013) e posteriormente publicou kleinigkeiten/cousiñas (2013) e Presente continuo (Xerais, 2013). Como narradora, é autora de cinco novelas: O Caderno de Bitácora (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; O club da calceta (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán e italiano, e adaptada á escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; Pirata (Xerais 2009), traducida ao italiano; En vías de extinción (2012), traducida ao castelán; Dende o conflito, (Xerais 2014) coa que gañou o Premio Xerais de Novela, A dúbida (Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas 2014) e A música dos seres vivos (Xerais 2015). No ámbito da literatura infantil é autora de Usha (Xerais 2006), finalista do Premio Merlín 2005; Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008); O monstro das palabras (Xerais 2009) e Volvo! O regreso de Usha (Xerais 2014). Como ensaísta publicou A alternativa está aquí (Xerais 2014) e, en coautoría con Olga Castro, o libro Feminismos (Xerais 2013). En 2015 a AGE concedeulle o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/a do ano. É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable.

MARÍA REIMÓNDEZ