
Río sen ponte (Bolsillo) (Tapa blanda)
- Autor/Autora:ILSE LOSA
- Editorial:HERCULES EDICIONES
Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora por primeira vez en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Jutta vese obrigada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e reinstálase cos seus pais na cidade onde vive Johann co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de teas e de roupa. A nai de Johann morrera ao parir o seu fillo. Jutta, pola súa parte, é filla dun home que loitou nas trincheiras durante a Primeira Guerra Mundial e que, desde que volveu á casa, non consegue un traballo estable. A súa nai, Eva Berner, ten dous traballos para afrontar as moitas necesidades da familia. Jutta e Johann coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean. Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí nos atopamos cunha protagonista que, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich.
Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho) cm / Nº de páginas: 240 / Peso: 300 g
- Editorial:
- HERCULES EDICIONES
- Fecha de lanzamiento:
- 7 de enero de 2022
- Género
- Novela - Narrativa
- Idioma:
- Gallego
- Traductor:
- Tarrío Varela, Anxo
- Colección:
- SEN FRONTEIRAS
- Número de colección:
- 3
- Número de edición:
- 1
Tipos de envío
- España peninsular, Baleares y Canarias
- Totales7,90€
- Voluminosos30€
- Ceuta y Melilla
- Totales40€
- Librería: Dispone de 15 días desde la entrega, con la mercancía sin utilizar.
- En las operaciones pagadas con Bono Cultural Joven no se admitirán devoluciones. Solo se aceptarán cambios por otro artículo de igual o mayor precio de la misma categoría
- .