De nais a fillas. Receitas para non esquecer: Gastronomia en feminino

Características

Ao longo da historia, as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura. Queremos honrar todas esas mulleres que, durante séculos, compartiron os seus coñecementos de xeración en xeración, creando unha ponte entre o pasado e o presente mediante receitas nadas nos fogares, transmitidas de nais a fillas. Na década dos sesenta do século XX, foron as mulleres as que tomaron as rendas da gastronomía profesional xestionando mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería. Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecían. Coa profesionalización do sector, a súa impagable contribución quedou no anonimato, relegada por unha sociedade que lles arrebatou un oficio que durante séculos fora seu. "De nais a fillas. Receitas para non esquecer" busca rescatar esas historias de esforzo, de creatividade e de sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron

Dimensiones: 24 (alto)

Nº de páginas: 256

Peso: 500 g

Isbn: 9788419754899
Referencia: 001006511020932
EAN: 9788419754899
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Fecha de lanzamiento:
10 de junio de 2025
Género
Cocina
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Título original:
DE NAIS A FILLAS. RECEITAS PARA NOS ESQU
Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.