U novelista, poeta e crítico literario nacido en Ogidi, unha vila de etnia ibo no sueste de Nixeria. Forma parte da primeira xeración de intelectuais que foron educados na súa patria. Estudou Literatura na Universidade de Ibadan, e traballou durante anos na Radiotelevisión Nixeriana. Exerceu a docencia en varias universidades de Nixeria e dos EUA. Traballou como profesor de Literatura no Bard College de Nova York ata 2009. Faleceu en marzo de 2013. Achebe recibiu no ano 2007 o Man Brooker International Prize pola súa carreira literaria. Está considerado o pai e fundador da literatura africana moderna e un dos grandes escritores en lingua inglesa do século XX.